O leite que volve baixar.
A carne que é rubia de máis.
O viño axea e a augardente acabará
Declarada droga dura de consumo ilegal
Os pinos arden no verao
E as pitas parecen sobrar
E os porcos tamén por non se lavar
Reconvirtamos o sector: plantemos novos vexetais
Plantar herba é a solución:
Agricultores: salvade o sector.
¡plantemos herba dabondo!
(pero con denominación)
os barcos non saen ó mar,
á terra os peixes sós non van.
Se non hai cartos ¿de qué vale ter onde ilos gastar?
Catro años e duas ovellas
Tiña na corte unha vella.
Morreu un año e unha ovella
¿Cántos años e ovellas
quedan na corte de pedra,
onde sempre en primavera
hai carrachos nas orellas
de años e ovellas da vella?
A strong comment here is specific: the phrase you keep hearing, the mood you come back for, or the reason this song stays in rotation.
Sign in to post the first listener note. Reporting stays open to everyone.