O galiño que vai de parranda
E que na casa non quere parar
Que teña coidado, porque algún día
Ás suas pitas vanlle montar
O meu galo vermello é de carallo:
Monta na pita e brinca ó tellado.
Brinca ó tellado e monta na pola,
¡o meu galo vermello é cousa tola!
Diste galo tan tolo, xa ¿quén se fía?
Canta de noite e dorme de día
O galiño que eu teño, o outro día
Foi cas pitas do cura de romaría,
Volveu da festa de madrugada
E no puleiro non fixo nada
Iste galo vermello que eu teño
É un galiñode moito postín,
Dicen que o viron andar tras das polas
Para alá da Rua, que é de Petín
A strong comment here is specific: the phrase you keep hearing, the mood you come back for, or the reason this song stays in rotation.
Sign in to post the first listener note. Reporting stays open to everyone.